miércoles, 19 de octubre de 2011

ADOLESCENTES E INTERNET EN GALICIA

Informe Extraordinario "Adolescentes e Internet en Galicia" (Outubro 2011)

19 de Outubro do 2011 - Valedor do Pobo
portada informe
Estamos a padecer unha crecente preocupación polo uso inapropiado ou excesivo de internet entre os adolescentes que contaxiou á institución do Valedor do Pobo hai tempo, e que se foi materializando na activación de sucesivas campañas de concienciación, desenvolvidas por medio de publicacións, xornadas e canles de televisión. Nas mesmas insistimos sempre nunha necesaria cautela nos usos dos datos, dos contactos, dos materiais expostos. Pero restaba coñecer con rigorosidade as actitudes, crenzas e hábitos da “mocidade dixital” en Galicia. As ansias de avanzar neste empeño materializáronse no ambicioso traballo de investigación e análise que hoxe lles presentamos. Naceu da procura de abordaxe destes problemas  e concluiu sendo un estudio pioneiro, o máis completo ata o de agora, sobre dos comportamentos dos adolescentes da comunidade ante Internet e outras tecnoloxías.

Pero o estudio non se queda só no descriptivo, senón que xerminou cun carácter proactivo, de xeito que a información recabada permita o deseño de novas estratexias de prevención e control, que se transforman ao remate do informe nunha serie de recomendacións ou liñas de actuación que deben afectar ao ámbito doméstico, aos poderes públicos e ás empresas que xestionan servizos dixitais, que cremos precisas para salvagardar o interese superior dos menores ante a delicada problemática á que a Rede os expón.


No hay comentarios:

Publicar un comentario