miércoles, 25 de enero de 2012

I CONCURSO DE CURTAS CO MÓBIL NA REDE CeMIT


Características dos participantes.

1.Persoas matriculadas na ESO ou Bacharelato cunha idade comprendida entre 14 e 20 anos (ambas as dúas inclusive)
2.Poderase participar tanto individualmente como por grupos dun máximo de 5 persoas.
3.Cada equipo designará un titor que forme parte do persoal docente do centro educativo.

Inscricións. 

Os centros educativos interesados en participar, realizarán a súa inscrición gratuíta a través dun formulario que será remitido, xunto coas bases do concurso, autorizacións necesarias en canto a protección de datos obrigatorias para todos os menores de idade e o listado de aulas colaboradoras, pola Oficina CeMIT.

Características das micromovies.

1. A micromovie non poderá superar os 2 minutos de duración e utilizarase como lingua o galego.
2. A temática versará sobre as funcionalidades que ofrece a aula de informática do Concello de Verín como referente no acceso e na formación no uso das novas tecnoloxías así como das vantaxes das Tecnoloxías da información e a Comunicación (TIC) e o seu impacto na vida cotiá das persoas.
3. A súa realización será exclusivamente mediante a cámara do teléfono móbil podendo logo, si se desexa, editarse con ferramentas externas.
4. As micromovies deben ser orixinais, incluídos os títulos de crédito se os houbese, e gravados na máxima resolución e calidade posibles
5.O formato pode ser 3GP, 3GPP, MP4, MPG, SMV, FLV, SWF, AVI, MOV

Premios.

A nivel provincial:

O Centro educativo gañador será obsequiado cunha cámara dixital compacta Casio EXILIM ZOOM EX-Z16 - 12.1 Mpix - zoom óptico: 3 x - memoria soportada: SD, SDHC

O equipo gañador a nivel provincial recibirá ata un máximo de 5 Ipod Nano 8GB, que poderán ser distribuídos a criterio do seu titor no caso de que o grupo estea formado por un número superior de integrantes

A nivel autonómico:
Entregaranse os seguintes premios aos Centros educativos gañadores: o 1º premio: un Netbook Acer Aspire One D255-2DQKK o 2º premio: una videocámara Toshiba Camileo SX

No hay comentarios:

Publicar un comentario