miércoles, 29 de febrero de 2012

XORNAL DIXITAL EN GALEGO: PRAZA.COM






A Galicia non lle cómpre o silencio. Para evitar que o silencio encore a Galicia nace Praza Pública, un novo xornal dixital en lingua galega. Aínda está viva a crise da prensa tradicional e a deleiba dos medios de comunicación na nosa lingua. En dous anos desapareceron da Rede e dos quioscos a maioría das cabeceiras informativas en galego e reduciuse drasticamente a pluralidade informativa. Nós non nos resignamos, nin aceptamos a condena de Galicia como terra de imposibles e de submisión. Son precisos novos medios para mellores tempos.

Temos algo que contarche.

Un proxecto que...
 
Praza é, antes que calquera outra cousa, un espazo no que facer xornalismo. Xornalismo de calidade, xornalismo que afonde nos temas que outros só tratan de forma superficial, xornalismo que revele aquelas cuestións que están ocultas, cunha axenda propia, distinta á que manexan os medios convencionais, que lle dea voz a aquelas persoas, colectivos e sectores que hoxe non a teñen nos outros medios diarios que existen en Galicia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario