viernes, 1 de junio de 2012

V EDICIÓN DO PREMIO DE BLOGS 2012

O  I.E.S. García Barbón de Verín premia os seus mellores blogs  
-V edición do Premio de Blogs escolares “Barbón Blog”
O I.E.S García Barbón de Verín organizou a través do seu Departamento de Orientación a quinta edición do Premio de Blogs escolares “Barbón Blog”. O certame procura recoñecer o interesante traballo realizado polo alumnado da asignatura optativa de TICs (1º de Bacharelato) durante o curso académico 2011/2012.
Na segunda quincena do mes de Maio os mozos e mozas levaron a cabo unha avaliación dos blogs dos seus compañeiros en base a distintos criterios. Complementariamente, solicitouse a opinión e valoración de distintos profesores e doutros alumnos premiados en edicións anteriores.
O día 31 de maio -rematada a difícil tarefa avaliadora- entregamos os premios desta quinta edición.
1º Premio para Marta Gago Afonso (tableta dixital) polo seu blog: http://martagagotic.blogspot.com
2º Premio para Helena González Moreira (libro electrónico) polo traballo realizado en http://ticsaprimeirahora.blogspot.com
3º Premio para Mónica Reigada Feijoó (MP5) co blog http://ticsenlimite.blogspot.com
4º Premio para Manuel López Cid (memoria usb de 16 xb) que é autor do traballo que podemos ver en http://manublogverin.blogspot.com
5º Premio para Alba Rúa Limia (memoria usb de 8 xb) polo seu blog: http://albarua.blogspot.com
6º Premio para Iris Justo Rodríguez (memoria usb de 4 xb) coa bitácora http://irissjusto.blogspot.com.es/
Un premio especial (7º) para María Isabel Villamarín Alonso polo seu blog: http://mabelsalgu.blogspot.com.es/
Para saber máis sobre o traballo realizado podedes visitar o blog de aula:
http://ticparati.blogspot.com

1 comentario:

  1. Algúns medios de comunicación tiveron a ben informar do noso Premio de blogs 2012.http://www.sermosgaliza.com/artigo/social/o-i-e-s-garcia-barbon-de-verin-premia-os-seus-mellores-blogs/20120602004655001932.html
    http://codigocero.com/O-IES-Garcia-Barbon-fai-entrega-da

    ResponderEliminar