Adolescentes y Redes Sociales from Roberto Monseco Montes on Vimeo.
Mostrando entradas con la etiqueta adolescentes. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta adolescentes. Mostrar todas las entradas
sábado, 16 de noviembre de 2013
miércoles, 19 de octubre de 2011
ADOLESCENTES E INTERNET EN GALICIA
Informe Extraordinario "Adolescentes e Internet en Galicia" (Outubro 2011)
19 de Outubro do 2011 - Valedor do Pobo
Estamos a padecer unha
crecente preocupación polo uso inapropiado ou excesivo de internet entre
os adolescentes que contaxiou á institución do Valedor do Pobo hai
tempo, e que se foi materializando na activación de sucesivas campañas
de concienciación, desenvolvidas por medio de publicacións, xornadas e
canles de televisión. Nas mesmas insistimos sempre nunha necesaria
cautela nos usos dos datos, dos contactos, dos materiais expostos. Pero
restaba coñecer con rigorosidade as actitudes, crenzas e hábitos da
“mocidade dixital” en Galicia. As ansias de avanzar neste empeño
materializáronse no ambicioso traballo de investigación e análise que hoxe lles presentamos. Naceu da procura de abordaxe destes problemas e
concluiu sendo un estudio pioneiro, o máis completo ata o de agora,
sobre dos comportamentos dos adolescentes da comunidade ante Internet e
outras tecnoloxías.
Pero
o estudio non se queda só no descriptivo, senón que xerminou cun
carácter proactivo, de xeito que a información recabada permita o deseño
de novas estratexias de prevención e control, que se transforman ao
remate do informe nunha serie de recomendacións ou liñas de actuación
que deben afectar ao ámbito doméstico, aos poderes públicos e ás
empresas que xestionan servizos dixitais, que cremos precisas para
salvagardar o interese superior dos menores ante a delicada problemática
á que a Rede os expón.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)