Proxecto da #escoladailla realizado conxuntamente cos CEDIM (Centros de Dinamización Integral para as Mulleres en Galicia- Norte de Portugal) de Monterrei, A Cañiza, Tui e Vilaverde. A Cincenta viaxou pola raia con outr@s comapañeir@s de contos para deconstruírense e así, comezar unha nova vida.
O alumnado - do IES García Barbón- experimentou todo o proceso creativo de videocreación ademais de traballar a igualdade de xénero a través dos roles e dos arquetipos narrativos.
Arquetipas en acción from Illa Bufarda on Vimeo.
Mostrando entradas con la etiqueta videocreación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta videocreación. Mostrar todas las entradas
jueves, 26 de septiembre de 2013
viernes, 23 de noviembre de 2012
VIDEOCREACIÓN NO IES GARCÍA BARBÓN: 1º DE BACHARELATO "A"
O programa “Promovendo o bo trato e a igualdade” está apoiado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, CEDIM (Rede Transfronteiriza de Centros de Dinamización Integral para as Mulleres) e a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, coa colaboración do Concello de Monterrei. Dentro deste programa vaise realizar un proxecto de videocreación en catro capítulos coa participación de dous centros educativos galegos e outros dous portugueses. O noso centro foi escollido para participar como un dos representantes galegos. Para elo, persoal da productora audiovisual Illa Bufarda virán o noso instituto o vindeiro luns 19 de novembro. Durante toda a xornada traballarán co alumnado de 1º A-BACH na gravación dun capítulo deste proxecto, onde os nosos alumnos/as serán protagonistas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)